Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES ENTROIDO FISTERRA 2025

05-02-2025

O Concello de Fisterra abre o prazo para inscribirse en:

-Concurso de comparsas do Entroido de Fisterra 2025 que se vai celebrar o martes, 4 de marzo ás 18:00h:

A contía dos premios será:

-PRIMEIRO PREMIO: 1.700€+trofeo

-SEGUNDO PREMIO: 1.400€+trofeo

-TERCEIRO PREMIO: 1.200€+trofeo

O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 350€

Inscrición: a través do procedemento de Solicitude Xeral da Sede Electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/sxc/gl/), onde se entregará debidamente cuberto o modelo de solicitude de participación, que se atopa nas descargas desta publicación.

-Concurso infantil e de adultos de disfraces que se vai celebrar o domingo, 2 de marzo, ás 17:00h na praza da Constitución de Fisterra:

-CATEGORÍA INDIVIDUAL:(1 persoa)

  • 1º PREMIO.-40€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-30€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-20€ máis trofeo

-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)

  • 1º PREMIO.-80€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-60€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-40€ máis trofeo

-CATEGORÍA GRUPOS (3-15 persoas)

  • 1º PREMIO.-130€ máis trofeo
  • 2º PREMIO.-100€ máis trofeo
  • 3º PREMIO.-70€ máis trofeo

Inscrición: o propio día, na praza da Constitución de Fisterra, en horario de 16:00 a 17:00h

Descargas

Compartir:

Novas por anos: