ENTROIDO FISTERRA 2025
18-02-2025

As actividades previstas para celebrar o Entroido de Fisterra 2025, o Entroido máis tradicional da Costa da Morte, son:
-VENRES, 28 DE FEBREIRO
- 10:30h.-Desfile de entroido do C.E.I.P. Mar de Fóra e do C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro
- 15:30h.-Desfile de entroido do Colexio Nuestra Sra. del Carmen de Fisterra
- 23:30h.-Discoteca CDC no Porto de Fisterra a cargo da SD Fisterra (haberá carpa)
-SÁBADO, 1 DE MARZO
- 12:00h.-Pasarrúas a cargo da "CHARANGA A TRIPULASIÓN"
- 18:00h.-Desfile de comparsas desde o aparcadoiro de San Roque ata a praza da Constitución, acompañadas pola "CHARANGA O RUMBO DE SARDIÑEIRO"
- 19:00h.-Pregón do Entroido de Fisterra 2025 a cargo de ROBERTO TRABA VELAY
- Noite de entroido coa Discoteca CDC no porto de Fisterra a cargo da SD Fisterra (haberá carpa)
DOMINGO, 2 DE MARZO
- 17:00h.-CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL E ADULTOS, na praza da Constitución (no caso de mal tempo, será no Mercado Cultural. Animación musical e presentación a cargo do DJ ROKIÑO. Obradoiro de chapas e tatto con degustación de flocos de millo a cargo de DIVIR-TT. Inscrición na praza da Constitución de 16:00 a 17:00h
LUNS, 3 DE MARZO
- 17:00h.-No Mercado Cultural, entrega de premios do concurso de contos de entroido da Biblioteca Municipal
MARTES, 4 DE MARZO
- 10:15h.-Desfile de entroido da Escoliña Infantil a Galiña Azul.
- 18:00h.-TRADICIONAL CONCURSO DE COMPARSAS. No porto pavillón polideportivo de Fisterra. Discurso de benvida da alcaldesa, Áurea Domínguez Sisto.