Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA SANTA FISTERRA 2025

28-03-2025

-O sábado, 5 de abril comeza a Semana Santa de Fisterra co Retiro de Coresma e o Sacramento de Confesión na Igrexa de Santa María das Areas.

-O venres, 11 de abril ás 20:00h. na igrexa parroquial, terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación terá lugar a Procesión da Nosa Señora das Dolores que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Cee".

-O sábado, 12 de abril farase unha peregrinación ao Santísimo Cristo de Fisterra. Para anotarse deben dirixirse a calquera membro da Xunta de Confrarías.

Nas seguintes descargas pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.

Vive a Semana Santa en Fisterra!!

Descargas

Compartir:

Novas por anos: