Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES BOLSA DE TRABALLO TÉCNICOS/AS INFORMACIÓN TURÍSTICA

14-04-2025

Aprobadas as bases que rexerán a bolsa de traballo para a contratación de Técnicos/as de Información Turística, con destino á oficina de turismo, albergue de peregrinos e museo da pesca-ano 2025

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: A instancia de solicitude conforme ao modelo que figura no anexo II, na que se solicita participar nas probas selectivas, dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Fisterra e deberá presentarse no Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou na sede electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/), en calquera día e hora dentro do prazo de presentación de solicitudes. Ademais, poderán cursarse polos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do PACAP.
O prazo será de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases no BOP nº 71 do luns, 14 de abril de 2025

Descargas

Compartir:

Novas por anos: