Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA: EDUCACIÓN POLA MOVILIDADE

24-02-2010

O RAC, seguindo coa súa liña de fomentar a seguridade vial e reducir a accidentalidade na estrada, presenta a través da súa Fundación e conxuntamente coa Consellería de Educación do Concello de Fisterra o Progama de Educación para a Mobilidade(PEM), que se realizará do 2 ao 5 de marzo nos seguintes centros escolares: CEIP Mar de Fóra, Colexio Nosa Señora do Carme e CEIP Areouta.
O obxectivo do Programa é conseguir unha mobilidade cada vez máis segura a través do ensino da educación en valores xa desde a infancia,un feito que contribúe a redución da sinistralidade e dos accidentes dos futuros conductores.
No PEM participarán 200 alumnos e as actividades que se realizarán van desde vídeos de divulgación sobre a Seguridade Vial ata xogos interactivos incluídos nun CD-ROM.
Compartir:

Novas por anos: