Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ACTIVIDADE DEPORTIVA MUNICIPAL

11-06-2010

A programación das actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2010 son as seguintes:

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos/as nacidos entre 1994 e 2005 dende o 1 de xullo ao 22 de xullo, os xoves na piscina e os mércores na praia da Riveira. incribirse antes do 25 de xuño. A cuota de incrición e de 5€ correspondente a entrada da piscina.

-MARATÓN DE FÚTBOL SALA.
Días 9, 10 e 11 de xullo no Pavillón Municipal (maiores de 16 anos). Incrición antes do 1 de xullo no tlf:666317662.
Haberá un 1º premio de 1000€, un 2º premio de 600€ e o 3º premio será un trofeo.

-TRIMARATÓN INFANTIL.
Dirixido a nenos/as nacidos entre 1993 e o 2002.
Fáranse equipos de 5 xogadores para competir a fútbol e volei na praia durante o mes de xullo.
O 25 de xuño haberá unha reunión ás 12:00h na biblioteca e as inscricións poderanse facer ata ese mesmo momento.

-TORNEO DE TENIS.
Dirixido a persoas nacidas antes do 1995.
Será no pavillón municipal do 9 ao 20 de agosto, ambos inclusive. Incribirse antes do 23 de xullo.

-DÍA DA BICI.
O 16 de xullo a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Dirixido a nenos/as nacidos ente 1993 e 2003.
A inscrición será ese mesmo día.

-OLIMPIADA DO XOGO.
Destinado a rapaces entre 4 e 14 anos.
Será o 9 de xullo, ás 11:00h. no pavillón municipal.
A incrición pode facerse a partir do 16 de xuño.

CAMPAMENTOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:

2. CAMPAMENTOS DEPORTIVOS.
Para rapaces entre 9 e 13 anos do 18 ao 24 de xullo. O aloxamento será no colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Inscricións: Ata o 11 de xuño na oficina municipal de deportes.
Cota: 85€
Nº de prazas: 7. Fárase un sorteo se hai máis anotados que prazas.

3. CAMPOS DE FÚTBOL.
Para rapaces entre 9 e 13 anos do 26 ao 31 de xullo. O aloxamento será na Residencia IES Cruceiros Baleares (Culleredo).
Inscricións: Ata o 11 de xuño na oficina municipal de deportes.
Cota: 75€
Nº prazas: 3. Fárase sorteo se hai máis anotados que prazas.
Compartir:

Novas por anos: