Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


NADAL MÁXICO NA FIN DO CAMIÑO

29-11-2010

O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra organizou as seguintes actividades, destinadas a tódalas idades para celebrar o vindeiro nadal:

-Venres, 10 de decembro:
Taller de elaboración de centros de mesa de nadal, na casa da cultura de Sardiñeiro para maiores de 16 anos.
Inscrición antes do 9 de decembro no tle.981740001 ext.1

-Sábado, 11 de decembro:
A verdadeira historia dos tres porquiños "Teatro de Andamio".
Ás 19:00h. na casa da cultura de Sardiñeiro. Público xeral.

-Domingo, 12 de decembro:
Os Bolechas. "Caramuxo teatro".
Ás 19:00h. na lonxa de Fisterra. Público xeral.

-Sábado, 18 de decembro:
Taller de elaboración de centros de mesa de nadal, no salón de actos do Concello de Fisterra para maiores de 16 anos.
Inscrición antes do 9 de decembro no tle.981740001 ext.1
Ás 10:30h. XVII Concurso de Postais de Nadal destinado a alumnos de primaria e da E.S.O. no salón de actos do Concello. Cada neno/a traerá o seu propio material para elaborar a postal.

-Domingo, 19 de decembro:
Contos mariñeiros "Teatro Gazafelhos".
Ás 19:00h. na lonxa de Fisterra. Público xeral.

-Venres, 24 de decembro (Noiteboa):
Belén vivinte cantando panxoliñas pola vila. Ás 18:30h. saída por todo o municipio e ás 19:30h. Visita de Papá Noél na praza da Constitución.
No caso de choiva quedará anulado todo excepto a visita de Papá Noél que será no salón de actos do Concello.
Tódalas persoas que queiran participar deben char o tel. 981740001, ext.1 antes do 16 de decembro.
Destinado a tódalas idades. Colabora Novas Xeracións de Fisterra.

-Domingo, 26 de decembro:
Festa de Nadal no pavillón municipal ás 18:00h. Xogos, bailes, música para tódalas idades a cargo da compañía fantasía animación.

-Mércores, 5 de xaneiro:
Tradicional Cabalgata dos Reis Magos de Oriente.
Pola mañá percorrido polas aldeas. Ás 16:30h. percorrido por Sardiñeiro e a continuación desfile polas rúas da vila de Fisterra e entrega de caramelos na praza da Constitución.
No caso de mal tempo realizaráse todo no pavillón municipal.
Este ano os Reis Magos rematan o camiño xacobeo na fin do camiño.

Os xóvenes do municipio durante o fin de semana do 17-18 e 19 contarán con varios eventos deportivos no pavillón municipal , aínda pendentes de pechar.

-Decembro:A exposición Elas fan Camiño , que rinde homenaxe as mulleres peregrinas e a todas aquellas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago o longo da historia, estará presente durante todo o mes de decembro, no Faro de Fisterra.
A exposición está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade, fai repaso dende o principio da peregrinación en Galicia ata a actualidade.
Horario de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:30.
Compartir:

Novas por anos: