Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSOS LINGUA GALEGA

27-01-2011

O Concello de Fisterra, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vai solicitar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria segundo a Orde do 13 de xaneiro de 2011 dous cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, e Celga 3.

Os cursos teñen unha duración de 75 horas lectivas distribuídas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día (durante 2 ou 3 días á semana).

Inscrición: Nas oficinas do Concello de Fisterra, Servizo de Normalización Lingüística, ou chamando ó 981740001.

Prazo: Remata o 27 de febreiro.

Para imprimir a folla de inscricion prema aquí
Compartir:

Novas por anos: