DIPLOMAS PARA OS MAIORES DE FISTERRA
01-02-2011
Un total de 23 persoas maiores de Fisterra participaron no programa "Play, enchúfate á vida", que desenvolveu, dende o pasado mes de decembro, tres conceptos básicos para un envellecemento activo: a prevención, a saúde e a autonomía. O alcalde de Fisterra, José Manuel Traba Fernández, foi o encargado de facer a entrega de diplomas ós maiores que participaron, entre outras actividades, en obradoiros de prevención de caídas, manipulación de medicamentos, sendeirismo cognitivo ou termalismo."Play, enchúfate á vida" foi organizado polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra e subvencionado pola Deputación da Coruña.