Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FORMACIÓN EN INFORMÁTICA

01-03-2011

Na aula de informática do Concello de Fisterra, son máis de 500 persoas entre nenos e adultos os que cada ano asisten a diversos cursos organizados, coma son: Introducción a Informática,Iniciación a Internet, Perfeccionamento de Windows, Microsoft Word, Excel, Access, Powerpoint, Deseño de páxinas web,...
Son cursos organizados para tódalas idades durante todo o día adaptándo os horarios a necesidade dos asistentes.

Actualmente o Concello está impartindo os seguintes cursos:

-Introducción á Informática (luns a xoves de 10:00-12:00h): 10 alumnos
-Introducción á informática: Mércores de 17:00-18:30h (10 alumnos)
-Perfeccionamento de Windows: Mércores de 18:30-20:00 (10 alumnos)
-Informática nenos Sardiñeiro: Luns de 17:15-19:15 (22 alumnos)
-Actividades informática nenos Fisterra: Xoves de 17:00-20:00 (40 alumnos)

Os cursos que se van a realizar nos próximos meses son:

Deseño de páxinas web.
Ofimática.
Perfeccionamento de Windows.

As persoas (adultos e nenos) que asistiron a algunha formación na aula de informática dende novembro de 2010 á actualidade foi de 112 persoas.
Ata o próximo 15 de xuño está previsto que asistan en total 192 persoas.
As persoas que acuden a aula aberta(fóra das horas de formación) utilizan o ordenador sobre todo para a búsqueda de información a través de Internet, envío e recepción de correos electrónicos, creación de currículums, escaneo e impresión de documentos.
Compartir:

Novas por anos: