Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ENTREGA DE DIPLOMAS

10-05-2011

O pasado xoves, 5 de maio, tivo lugar no Hotel “Praia Langosteira”, de Fisterra, a entrega de diplomas do Curso AFD “Operacións básicas de cociña”, organizado polo Concello de Fisterra.
Este curso, cunha duración de 380 horas formativas (teóricas e prácticas), realizouse ao longo de catro meses, e no mesmo participaron un total de quince persoas desempregadas, que acadaron unha formación recoñecida, no sector da hostelería, indispensable para a inserción laboral nun sector que é un dos principais motores de futuro da zona.

Compartir:

Novas por anos: