Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA SANTA-FESTAS DO CRISTO

08-04-2011

Os actos relixiosos para celebrar a Semana Santa de Fisterra son os seguintes:

-Venres, 15 de abril:
Ás 20:00h. misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas" dirixido por Moncho Domínguez Calvo.
A continuación, Procesión da Virxe Dolorosa acompañada pola banda "Eduardo Pondal".

-Domingo, 17 de abril (Domingo de Ramos):
Ás 11:15h. Bendición de Ramos na Capela do Bo Suceso. A continuación, Procesión ata a Igrexa de Santa María das Areas, acompañada pola banda "Desiderio Paz". Unha vez alí dará comenzo a Santa Misa, cantada polo coro "Nosa Sra. do Carmen" dirixido por Carlos Velasco.

-Xoves, 21 de abril (Xoves Santo):
Ás 20:00h na Igrexa parroquial, representación da última Cea seguida do tradicional Lavatorio de pés.
A continuación, no recinto do atrio, Oración del Huerto e Prendimento de Cristo, o que sigue a Procesión do Paso da Oración del Huerto acompañada pola banda "Desiderio Paz".

-Venres, 22 de abril (Venres Santo):
Ás 11:30h. terá o seu inicio na praza da Santa Catalina, o Vía Crucis seguido na praza da Constitución do Santo Encontro, onde se continuará ata a Igrexa acompañados pola banda "Eduardo Pondal".
Ás 20:00h. Liturxía do día e acto do Desenclavo de Jesús na igrexa de Santa María das Areas onde culminará o día coa Procesión do Santo Enterro acompañada polas bandas "Eduardo Pondal, Santa Cruz de Rivadulla e Desiderio Paz"

Sábado, 23 de abril (Sábado Santo):
Ás 21:00h Vixilia Pascual na Igrexa parroquial.

Domingo, 24 de abril (Domingo de Resurreción):
Ás 12:00h representación da Resurreción do Señor no campo da Igrexa Parroquial.
Acompañará os actos a banda "Eduardo Pondal"
Misas ás 8:00h, 9:00h e 10:00h.

Luns, 25 de abril (luns de Pascua):
Ás 12:00h Misa solemne polos devotos do Santo Cristo, cantada polo coro de "Santa María das Areas".
Compartir:

Novas por anos: