ACTIVIDADES GRATUÍTAS COA REDE CeMIT
07-09-2011
A Rede CeMIT porá en marcha durante os meses de setembro, outubro e novembro unha serie de actividades gratuítas para impulsar as TIC e a Sociedade da Información.A aula CeMIT de Fisterra situada na praza da Cerca, nº 4 acollerá as seguintes actividades:
-CREACIÓN DE VIDEOXOGOS(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscrición: ata o 12 de setembro de 2011
Comezo da actividade: 26 de setembro de 2011.
-CREACIÓN DE WEBS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscricións: ata o 10 de outubro de 2011
Comezo da actividade: 24 de outubro de 2011
-STREAMING DE AUDIO E VÍDEO(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscricións: ata o 7 de novembro de 2011
Comezo da actividade: 21 de novembro de 2011.
Para a realización da actividade é necesario a inscrición dun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os interesados poderán asistir á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.
INFORMACIÓN: Na aula CeMIT(Telecentro) do Concello de Fisterra chamando o tle. 981740001 ext. 2069, a través da web http://cemit.xunta.es/,no correo electrónico formación-cemit@xunta.es ou chamando o 902 222 321.