BASES CONCURSO DE COMPARSAS
18-01-2012
O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra informa que xa está aberto o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán que se celebrará o vindeiro martes, 21 de febreiro, ás 18:00h. na praza da Constitución..PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO……….1.200,00€
3º PREMIO………...900,00€
En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación á comparsa gañadora.
O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€.
.Os aspectos a punturar serán:
-PRESENTACIÓN (disfraces,maquillaxe,...)
-CALIDADE ARTÍSTICA (música, posta en escena, organización)
-CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS
.A puntuación será do 1 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.
.o ditame do xurado será inapelable.
.Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado día 18 de febreiro.
.O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos. No caso de que esto suceda, o xurado penalizará a comparsa que non cumpla as bases.
.O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas, sendo o representante da mesma maior de idade.
INSCRICIÓN: Nas oficinas do Concello de Fisterra en horario de 08:30 a 14:30h antes do 14 de febreiro