Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


AXUDAS PARA FILLOS MENORES DE 3 ANOS

21-02-2012

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fisterra, informa de que está aberto o prazo de solicitude para a prestación económica de pagamento único por fillos menores de tres anos que naceran entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012.

As familias beneficiarias terán dereito a un pagamento único de 360 euros e serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renta do exercicio 2010.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 26 de marzo.

INFORMACIÓN: Na oficina da Educadora Familiar do Concello de Fisterra en horario de 9:00 a 13:00h. ou chamando o tle. 981740001
Compartir:

Novas por anos: