Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


OFERTA FORMATIVA MULTIMEDIA AUDIOVISUAL 2012

16-04-2012

A vindeira semana empeza o prazo para que a xente interesada se preinscriba nos cursos da oferta formativa multimedia e audiovisual para este ano 2012 na rede CeMIT.

Os cursos os que poden inscibirse as persoas interesadas son os seguintes:

-Mes de maio:
.Posicionamento web (15h. do 7 ó 10)
.TV por Internet (15h. do 21 ó 24)
-Mes de xuño:
.Deseño gráfico (15h. do 11 ó 14)
.Retoque fotográfico (15h. do 25-28)
-Mes de setembro:
.Streaming audio e video (15h. do 10 ó 13)
.Community Manager (15h. do 24 ó 27)
-Mes de outubro:
.Curso producción audiovisual (60h. do 1 ó 23)
-Mes de novembro e decembro:
.Curso web 2.0 (40h. do 19 de novembro ó 4 de decembro)

Prazo:O 29 de abril remata o prazo para inscribirse nos 4 primeiros cursos (Posicionamento web, TV por internet, Deseño Grafico e Retoque Fotográfico)
Para o resto dos cursos, remata o 24 de maio.

Inscricións: Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (Telecentro) de Fisterra, situada na rúa da Cerca s/n, co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.

Información: Contactar coa aula CeMit de Fisterra (Telecentro) chamando o 981740001 ext.2069 ou través do correo electrónico: cemit.fisterra@xunta.es
Compartir:

Novas por anos: