ESCOLA INFANTIL DE FISTERRA
01-08-2013
De acordo coas instrucións ditadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, ábrese un período comprendido entre o día 1 ao 31 de agosto de 2013 para que todoas as persoas interesadas procedan a formalizar a oportuna solicitude de novo ingreso para a Escola Infantil de Fisterra, e coa finalidade da súa baremación no proceso extraordinario de setembro no Rexistro Xeral deste Concello.As idades dos nenos/as comprenden dende os 0 ata os 3 anos.
INFORMACIÓN: Departamento de Servizos Sociais (Negociado de Educación Familiar)