Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


LETRAS GALEGAS 2013

03-05-2013

O Concello de Fisterra organiza os seguintes actos para celebrar a festividade das letras galegas adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño:

-Mércores, 15 de maio: Taller de musicoterapia.
Destinado aos colexios de Ed. Infantil do Concello:
-CEIP Már de Fóra (de 9:00-10:00h)
-Colexio Nosa Sra. do Carmen (de 10:30-11:30h)
-CEIP Areouta (de 12:00-13:00h)

-Venres, 17 de maio:
.Guiñol nun recuncho do monte (Os lumes e a súa repercusión destructora)
Da compañía Ti e máis eu teatro.
Ás 11:30h no salón de actos do Concello cunha duración de 60 minutos e destinado o público infantil.

.Víctor grande, cómico.
Monólogo, humor e risas. Ás 19:30h. no salón de actos do Concello e destinado ao público en xeral.

-Martes, 21 de maio: Exposición "Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego".
Na lonxa de Fisterra do 21 ao 28 de maio en horario de 16:00 a 19:00h.
A inauguración será a cargo de Xosé Neiras Vilas o martes, 23 de maio ás 12:30h na lonxa de Fisterra.
Compartir:

Novas por anos: