Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EXPOSICIÓN: FIN DA TERRA, COSTA DA MORTE

05-08-2015

A Concellalía de Cultura do Concello de Fisterra convida ao acto de presentación da exposición “Fin da terra, Costa da Morte, 10 postais de Natasha Lelenco”, e do libro de mesmo nome, primeiro proxecto editorial dunha iniciativa local que se dá en chamar “Casa das Peritas, editora agrimensora”, e que, segundo nos contan, pretende “ser plataforma para a experimentación en materia editorial desde esta esquina do mundo”.
Participará no acto a autora do traballo, Natasha Lelenco, veciña de Fisterra de orixe moldava, que asinará exemplares dunha primeira tiraxe numerada de 100 exemplares. Segundo nos contan “beberemos un viño, charlaremos, asinaremos algún libro e pasaremos un bo rato”.

DATA E LUGAR: Sábado 8 de agosto, ás 8 da tarde na Sala de Exposicións do Faro de Fisterra.
A exposición estará exposta durante todo o mes de agosto.


Compartir:

Novas por anos: