Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FESTAS PRATRONAIS

01-09-2013

Os actos previstos para celebrar as festas patronais de Fisterra durante o mes de setembro son os seguintes:

-Sábado, 6 de setembro. San Roque:
Ás 11:00H procesión polas rúas da vila, acompañada da banda Desiderio Paz de Fisterra, a continuación misa solemne na Igrexa parroquial de Santa María das Areas.
A partir das 16:00H na praza da Constitución xogos para os máis cativos Gran festival infantil.

-Domingo, 7 de setembro. Día da Virxe do Carmen.
Ás 10:30H procesión polas rúas da vila, acompañada pola banda de música de Outes, a continuación misa solemne na lonxa de Fisterra, donde ó rematar terá lugar a tradicional procesión marítima, e ofrenda polos homes que morreron no mar.
Sesión vermú coa orquestra Troco.
A partir das 19:00H no paseo da Ribeira Desfile militar e acto de arriado de bandeira. Concerto da banda de música do Tercio Norte.
Ao chegar a noite contaremos coa actuacón da orquestra Troco e a Discoteca Móvil CDC.

-Luns, 8 de setembro. Día da Patrona, Sta. María das Areas.
Ás 11:00H procesión polas rúas da vila, acompañada pola banda Municipal de Cee, a continuación misa solemne na Igrexa Parroquial.
Sesión vermú coa orquestra Limón.
A noite actuación da orquestra Limón e a Discoteca Móvil CDC
Compartir:

Novas por anos: