Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


RASTRIÑO INTERNACIONAL NA FIN DO CAMIÑO

14-04-2015

O Concello de Fisterra ten programando para os vindeiros días 1 e 2 de Maio, coincidindo ca ponte laboral que se celebra en toda o país, un Rastriño de Artesanía e de venta de outras mercadurías relacionadas co Camiño Xacobeo e cos peregrinos que acuden a rematar a ruta a Fisterra..

Co nome de RASTRIÑO INTERNACIONAL NA FIN DO CAMIÑO inaugurarase o venres día 1 esta iniciativa que pretende impulsar e dar a coñecer tanto aos fisterráns que se dedican, como ben dí o coñecido artista local, Miguel FK á “ARTE-NATIVA”, senón tamén para abrir unha porta e ofrecer aos artesáns que veñen dende diferentes lugares de Galicia e do resto do mundo a posibilidade de amosar e vender os seus productos tanto aos propios fisterráns como aos que durante ises días visiten á fin do Camiño.

O RASTRIÑO INTERNACIONAL DA FIN DO CAMIÑO aspira tamén a ser un mercado diferente e aberto non só a artesanía senón tamén ao mundo do espectáculo e da Cultura. Por elo nel caben tamén outro tipo de actividades como o teatro na rúa, a música, gastronomía, e mesmo a literatura.
Animamos tamén aos comerciantes locais a que se sumen a esta iniciativa e monten un posto na rúa para que este PRIMEIRO RASTRIÑO sexa non só un éxito senón tamén a primeira pedra que anuncie o seu triunfo e a súa consolidación en futuras edicións.

O proxecto xurdido da inicativa de varios fisterráns inquietos e de varios peregrinos “integrados” na vila, está completamente apoiado polo Concello que pechará a circulación de coches e fará peatonal a rúa Real ambos os dous días, para que os participantes instalen os seus postos de traballo e xa está en conversacións con distintos organismos para a contratación tanto de grupos musicais como de teatro. Asimesmo, unha vez entregados os carteis e a publicidade do evento repartirá polos albergues da ruta toda a información sobre as actividades que se van a celebrar.

Todos aqueles que estén interesados en participar ou recibir información poden poñerse en contacto con Silvia Sar Insua, a responsable de concello de Cultura chamando ao 699263964 ou ben a Roberto Traba no bar Galería ao 674072318.
Compartir:

Novas por anos: