NADAL CULTURAL
04-12-2015
O Concello de Fisterra organizou as seguintes actividades, destinadas a tódalas idades para celebrar o vindeiro Nadal:
VENRES, 11 DE DECEMBRO:
- TALLER DE ELABORACIÓN DE CENTROS DE NADAL EN FISTERRA, NO MERCADO MUNICIPAL (16:00H): Destinado a maiores de 16 anos. Prazas limitadas. Interesados anotarse antes do día 10 de decembro no Concello de Fisterra-Concellería de Cultura.
- TALLER DE ELABORACIÓN DE CENTROS DE NADAL EN SARDIÑEIRO, NA CASA DA CULTURA (10:00H): Destinado a maiores de 16 anos. Prazas limitadas. Interesados anotarse antes do día 10 de decembro no Concello de Fisterra-Concellería de Cultura.
DOMINGO, 13 DE DECEMBRO:
CORAL "A OLIVEIRA DE MONTE BRANCO". Ás 18:30h no salón de actos do Concello de Fisterra.
MÉRCORES 16 DE DECEMBRO:
VIDEOCONFERENCIA CON PAPANOÉL
Aula CeMIT de Fisterra. Destinados aos nen@s de educación infantil dos colexios do municipio.
DO 19 AO 24 DE DECEMBRO:
I FEIRA DE INVERNO. Textil, complementos, artesanía, cosmética, entre outras, no mercado municipal de Fisterra. Inauguración o sábado, 19 ás 5 da tarde, con Pepe Penabade. Presentación dos cabezudos de Fisterra.
VENRES, 25 DE DECEMBRO:
DÍA DE NADAL.BELÉN VIVINTE. Pola tarde-noite, na praza da Constitución de Fisterra.Organiza a asociación de artesáns e artistas AR-TE de Fisterra.
SÁBADO, 26 DE DECEMBRO:
FESTIVAL DE NADAL. Organizado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra. Ás 17:00h no Polideportivo Municipal.
DOMINGO, 27 DE DECEMBRO:
MAGO XACOBE. Ás 18:30h no salón de actos do Concello de Fisterra. Público familiar.
MARTES 5 DE XANEIRO:
CABALGATA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE.
- Ás 11:00h: Recepción dos Reis na escola de Vilar.
- Ás 12:00h: Recepción dos Reis en Mallas
- Ás 13:00h: Recepción dos Reis na escola de Suarriba
- Ás 16:00h: Recepción dos Reis na casa da cultura de Sardiñeiro
- Ás 18:30h: Saída da cabalgata de Reis na nova Carroza deseñada polo artista local Miguel Fernández. Saída do polideportivo Municipal percorrendo as rúas de Fisterra.
- Ás 19:30: Recepción dos Reis na praza da Constitución. No caso de chuvia, celebrarase no Polideportivo Municipal
Amenizarán os actos Duende Sico, acompañados de inchables, talleres, xogos e música para todos os participantes.
O CONCELLO DE FISTERRA DESÉXALLES UN BO NADAL.