Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ROTEIRO POLOS CASTROS DE FISTERRA

09-12-2015

O Concello de Fisterra organiza para o sábado, 12 de decembro as seguintes actividades para dar a coñecer os castros do municipio:

11:00H.-ROTEIRO ARQUEOLÓXICO E AMBIENTAL POLOS CASTROS NERIOS

  • Saída desde a aldea de Castromiñan guiado por Manuel Gago, Carlos Otero e Martiño Nercellas.
  • Visita ao Castro do Castelo e ao Castro de Duio. Duración: 2 horas.

*Se chove, haberá unha charla divulgativa sobre a Idade do Ferro en Galicia na Escola de Suarriba.

19:00H.- PRESENTACIÓN DO PROXECTO CASTROS DE FISTERRA.

Salón de actos do Concello de Fisterra.

INTERVEÑEN:

  • José Marcote Suárez.- Alcalde do Concello de Fisterra.
  • Felipe Criado.- Presentación do INCIPIT-CSIC e das liñas de investigación.
  • Carlos Otero.- O proxecto arqueolóxico. Intervención en Castro do Castelo e Castro de Duio.
  • Manuel Gago.- A estratexia de comunicación e intervencións complementarias non arqueolóxicas.
  • Xosé Gago.- Turismo, didáctica e participación social.
  • Martiño Nercellas.- Caracterización ambiental do espazo onde se asenta o xacemento e consideracións legais na súa planificación e ordenación a efectos urbanísticos de protección.
Compartir:

Novas por anos: