II TORNEO DE FÚTBOL SALA NADAL
18-12-2015
O Departamento de Deportes do Concello de Fisterra vai organizar un Torneo de Fútbol Sala os días 28, 29 e 30 de decembro de 2015. Trátase dun econtro solidario e terá lugar no pavillón municipal de Deportes coa finalidade da práctica deportiva nos días de Nadal.
- A inscricion será gratuita.
- Pode anotase a xente de todos os Concellos.
- A idade mínima esixida é a partir dos 16 anos.
- Horarios de partidos: de tarde ata as 2:00 da madrugada en base a dispoñibilidade de cada equipo na medida do posible.
- Cada equipo terá un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 7 podendo ter 1 en reserva por se xorde algún incidente.
- Só se pode participar nun equipo.
- O sorteo realizarase o día 27 ás 18:00h no pavillón
- Haberá trofeo e medallas para os finalistas
Data límite de inscrición: o día 26/12/2015
Cada quipo entregará un lote de 10 productos de alimentos non perecedoiros que se levarán a Cáritas Fisterra
MÁIS INFORMACIÓN: No Departamento de Deportes do Concello de Fisterra u no teléfono de contacto 687083580