Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


II TORNEO DE FÚTBOL SALA NADAL

18-12-2015

O Departamento de Deportes do Concello de Fisterra vai organizar un Torneo de Fútbol Sala os días 28, 29 e 30 de decembro de 2015. Trátase dun econtro solidario e terá lugar no pavillón municipal de Deportes coa finalidade da práctica deportiva nos días de Nadal.

  • A inscricion será gratuita.
  • Pode anotase a xente de todos os Concellos.
  • A idade mínima esixida é a partir dos 16 anos.
  • Horarios de partidos: de tarde ata as 2:00 da madrugada en base a dispoñibilidade de cada equipo na medida do posible.
  • Cada equipo terá un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 7 podendo ter 1 en reserva por se xorde algún incidente.
  • Só se pode participar nun equipo.
  • O sorteo realizarase o día 27 ás 18:00h no pavillón
  • Haberá trofeo e medallas para os finalistas

Data límite de inscrición: o día 26/12/2015

Cada quipo entregará un lote de 10 productos de alimentos non perecedoiros que se levarán a Cáritas Fisterra

MÁIS INFORMACIÓN: No Departamento de Deportes do Concello de Fisterra u no teléfono de contacto 687083580

Compartir:

Novas por anos: