CAMPAÑA #MERCAENFISTERRA
18-12-2015
O Concello de Fisterra promove unha campaña de concienciación para propiciar o consumo no comercio local. Axudemos a incrementar entre todos tanto os beneficios económicos como sociais ou medioambientais do noso Concello
#mercaenfisterra anima a todos os veciños e veciñas a realizar as súas compras do Nadal na vila por moi boas razóns:
- Xeramos emprego e riqueza para o municipio.
- Fomentamos a diversidade empresarial, o que supón un reparto da riqueza entre un maior número de axentes e persoas.
- Ao incrementar o gasto en PEMES locais contribuímos a que cos seus impostos se poida medrar en gasto ou servizos sociais.
- Reducimos e emisión de elementos contaminantes na atmósfera, protexendo así o medio ambiente, xa que non hai necesidade de trasnsportar as nosas compras dende outro punto do mapa.
Felices Festas mercando en Fisterra
#mercaenfisterra #xeraemprego #protexeomedioambiente