REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
29-12-2015
A Consellería de Infraestructuras e Vivenda abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, que comprende, dentro do Camiño Fisterra e Muxía, no termo municipal de Fisterra, as parroquias de San Xoan de Sardiñeiro, San Martiño e San Vicenzo de Duio e os puntos por onde discorre o trazado do Camiño na parroquia de Santa María de Fisterra.
Orde do 22 de decembro de 2015
As persoas interesadas deberán solicitar ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación, e no prazo máximo dun mes desde o remate das obras ou da data da resolución da cualificación provisional, deberán solicitar a cualificación definitiva das actuacións.
A contía máxima da subvención non poderá exceder o 35% do custe subvencionable e cun máximo de 11.000 euros por vivenda.
O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación da Orde no Diario Oficial de Galicia e o peche do prazo publicarase mediante resolución do IGVS no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do IGVS. http://igvs.xunta.es/web/igvs/portadahttp://igvs.xunta.es/web/igvs/portada
O IGVS realizará unha campaña informativa e de difusión destas axudas nos 107 concellos polos que transcorren os Camiños de santiago
Máis información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra. Tlf.:981740001