CONCURSO DE COMPARSAS E CONCURSO INFANTIL ENTROIDO
12-01-2016
CONCURSO DE COMPARSAS E CONCURSO INFANTIL ENTROIDO
En relación coa celebración do Entroido de Fisterra 2016, “o Entroido máis tradicional da Costa da Morte”, establécense tres premios para as comparsas que se presenten a este concurso o cal se vai celebrar o sábado 6 de febreiro no pavillón municipal de Fisterra, ás 18:00 h conforme ás seguintes bases:
1º.- A contía dos premios será a seguinte:
PRIMEIRO PREMIO............................................1.400,00 €
SEGUNDO PREMIO.............................................1.100,00 €
TERCEIRO PREMIO..............................................800,00 €
Estes premios destinaranse aos cualificados por orde de maior puntuación. En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación á comparsa gañadora.
O RESTO DAS COMPARSAS PARTICIPANTES TERÁN UNHA AXUDA ECONÓMICA DE 300,00€.
2º.- Os aspectos a puntuar serán:
- PRESENTACIÓN (disfraces, maquillaxe,...)
- CALIDADE ARTÍSTICA (música,posta en escena, organización, decorado e..)
- CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS
3º.- A puntuación será do 5 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.
4º.- O ditame do xurado será inapelable.
5º.- Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o mesmo sábado día 6 despois do concurso de comparsas, o cal será desde o pavillón municipal á praza da Constitución de Fisterra, onde se entregarán os premios do concurso.
6º.- O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos. No caso de que isto suceda, o xurado penalizará a comparsa que non cumpra as bases.
7º.-O número de participantes de cada comparsa será como mínimo de 20 persoas, sendo o representante da mesma maior de idade.
8º.-O lugar de inscrición será nas oficinas do Concello en horario de 09:30 a 14:30h antes di 28 de xaneiro
CONCURSO INFANTIL
En relación coa celebración do Concurso Infantil de disfraces, o cal se realizará o martes día 9 de febrero na praza da Constitución de Fisterra (no caso de chuvia será no pavillón municipal), establécense as seguintes bases:
CARTEGORÍA INDIVIDUAL (1 persoa)
PRIMEIRO PREMIO.-30 € acompañado dun orixinal trofeo.
SEGUNDO PREMIO.- 20 € máis trofeo
CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)
PRIMEIRO PREMIO.-60 € máis trofeo
SEGUNDO PREMIO.- 40 € máis trofeo
CATEGORÍA GRUPOS (3-10 persoas)
PRIMEIRO PREMIO.-80 € máis trofeo
SEGUNDO PREMIO.- 60 € máis trofeo
CATEGORÍA COMPARSAS (+10 persoas)
PRIMEIRO PREMIO.- 150 € máis trofeo
SEGUNDO PREMIO.- 100 € máis trofeo
Na categoría de grupos e comparsas tense que realizar unha pequena actuación ben sexa un baile, unha canción, parodia…
-Os motivos a puntuar nas tres categorías serán os seguintes:
DISFRAZ, MAQUILLAXE E ORIXINALIDADE.
-O ditame do xurado será inapelable. A puntuación será do 5 ao 10, sendo o 5 a puntuación máis baixa e o 10 a máis alta.