Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

14-01-2016

O Concello de Fisterra participa na Campaña de esquí da Deputación Provincial da Coruña  para rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005.

Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos, ademais dos cursos de esquí.

Duración: de domingo a venres, entrada o domingo pola tarde e a saída o venres despois da comida.

Cota de inscrición: No transcurso da inscrición
será facilitado pola Deputación un número de conta
onde se aboará a cota de 95 € (noventa e cinco
euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello
e CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016.

O Concello de Fisterra correspóndelle a 4º quenda do 28/02/2016 ó 04/03/2016

INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN:
No departamento de deportes do Concello de Fisterra,  tlf.:981740001 ou no e-mail info@concellofisterra.com, con data límite o 22 de xaneiro de 2016

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: