CONVOCATORIA PROBAS CELGA
14-01-2016
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016.
DESTINATARIOS: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
DATAS REALIZACIÓN DAS PROBAS:
- Celga 4: 2 de abril de 2016
- Celga 2: 3 de abril de 2016
- Celga 3: 9 de abril de 2016
- Celga 1: 10 de abril de 2016
LUGAR DAS PROBAS: Santiago de Compostela e Ponferrada.
PRAZO DE SOLICITUDE: Un mes a contar a partir do día despois da publicación no Diario Oficial de Galicia do xoves, 7 de xaneiro de 2016
FORMA DE PRESENTACIÓN: Telematicamente ou en formato papel. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electónica da Xunta de Galicia.
IMPORTE TAXA DEREITOS DE EXAME: 15,61 €. O impreso de pagamento facilitaráselles ás persoas interesadas en calquera rexistro ou oficina de atención ao cidadán da Xunta de Galicia.Envío de convocatoria de probas Celga.
INFORMACIÓN: Departamento de Normalización Linguística do Concello de Fisterra ou no tlf.:981740001