ENTROIDO FISTERRA 2016
18-01-2016
O programa previsto para celebrar o entroido de Fisterra, "O Entroido máis tradicional da Costa da Morte" é o seguinte:
-Venres, 5 de febreiro:
- Ás 10:30h: Desfile de entroido do Colexo Mar de Fóra. da escola infantil A Galiña Azul e o Colexio Areouta de Sardiñeiro
- Ás 12:00h: Inauguracion da I Mostra da historia do entroido de Fisterra no Mercado Municipal. (Fotografías, vídeos, traxes....do entroido fisterrán). Do 5 ao 14 de febreiro de 11:00-13:00h e de 18:00 a 20:00h).
- Ás 15:30h: Desfile do colexio Nosa Señora do Carmen
-Sábado, 6 de febreiro:
- ÁS 18:00h: Tradicional Concurso de Comparsas no Pavillón Municipal. Pregón e animación a cargo de Xurxo Souto. Ao rematar o concurso desfile das comparsas participantes desde o pavillón á praza da Constitución de Fisterra onde se entregarán os premios.
-Domingo, 7 de febreiro:
- Ás 17:00h: Obradoiros infantís de máscaras e antifaces de entroido, maquillaxe, karaoke, animación musical a cargo de Duende Sico no mercado municipal.
-Martes de entroido, 9 de febreiro:
- Ás 17:00h: Concurso de disfraces, categoría intantil. Na praza da Constitución (no caso de mal tempo será no pavillón municipal). Animación a cargo de Duende Sico
- Ás 19:30h: Animación das rúas con A Magnifique Band dos Homes sen medo acompañados dos CABEZUDOS.
-Sábado, 13 de febreiro:
- Ás 18:00h: Queima do polbo. Percorrido polas rúas de Fisterra, funeral na praza e a continuación queima na praia da Ribeira acompañado pola carroza do Concello.