Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA(CODIX)

29-01-2016

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abriu o xoves 28 de xaneiro o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada no DOG, con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes de xuño.

Requisitos:

  • Ser maior de 16 anos
  • Estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT
  • Abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame

O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir,dende o xoves 28 de xaneiro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, (o luns 1 de febreiro ás 14:00 horas)publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT así como un número adecuado de reservas, unha vez realizado o sorteo público de extración das letras dos apelidos para a establecer a prelación por orde alfabética. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aqueles aspirantes que non aboen a citada taxa.

Máis información en: https://cemit.xunta.es

Compartir:

Novas por anos: