PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILL@S MENORES DE 3 ANOS
01-02-2016

Ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de 3 anos (Orde do 31 de decembro de 2015. DOG nº17, do 27 de xaneiro de 2016).
PERSOAS BENEFICIARIAS:
- As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nacidos ou nacidas entre 02/01/2013 e o 01/01/2016, inclusive).
- Fillos ou fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2014 e 31/12/2015
PRAZO:
Do día 28 de xaneiro ao 7 de marzo de 2016 (ambos os dous incluídos).
Serán beneficiarias desta prestación as persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2014.