CHARLA-COLOQUIO: HISTORIA DO ENTROIDO FISTERRÁN
08-02-2016
O Concello de Fisterra ten previsto realizar unha charla-coloquio sobre a historia do Entroido de Fisterra o mércores, 10 de febreiro, ás 7 da tarde no mercado municipal.
Interveñen:
- Roberto Traba
- Agustín Rivas
- Manuel Canosa
- Teresa Fernández
Entre outras moitas persoas coñecedoras do entroido da vila nos últimos anos.
A continuación haberá unha degustación de productos típicos de entroido e para finalizar o acto unha queimada a cargo de Roberto Traba.