CAMBIO DE HORARIOS PEONALIZACIÓN
12-02-2016
Continuando coas probas da peonalización comunícase que dende este fin de semana (sábado,13 de febreiro) e durante tódolos fins de semana ata Semana Santa, modifícase o horario no que se regula o paso de vehículos pola rúa Real.
O NOVO HORARIO FLEXIBILÍZASE E QUEDA REDUCIDO COMA TREITO PEONIL DA SEGUINTE MANEIRA:
Sábado dende as 15:00 horas ata o domingo ás 22:00 horas.-
Queda prohibido o estacionamento de vehículos na rúa Real durante o tempo en que o treito permaneza coma peonil.