A VIAXE DE ROSALÍA
12-02-2016

Con motivo do aniversario do seu nacemento celebramos o día de Rosalía o vindeiro 24 de febreiro.
Por iso o Concello de Fisterra, a través do Servizo de Normalización Lingüística, fai unha homenaxe á súa persoa coa obra de títeres: A viaxe de Rosalía
A representación de dita obra será o domingo, 21 de febreiro, ás 18:00h no salón de actos do Concello de Fisterra.
Público: Familiar
Duración: 45 minutos