CONTRATACIÓN DE PERSOAL
17-02-2016

O Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Seo Fisterra Ría Muros Noia Costa Sostible, convoca proceso de selección de persoal.
Os postos a seleccionar serán os de Xerente, Técnico e Administrativo.
Lugar, forma e prazo de presentación:
As solicitudes e documentación entregaranse na confraría de Pescadores de Muros sita na rúa Castrillo, nº1 e o prazo de presentación de documentación será de quince días hábiles a contar dende o día seguinte publicación deste anuncio.