OBRADOIRO: DIRECTRICES DA PAISAXE
10-03-2016

O luns 14 de marzo ás 18:30h na Aula CeMIT-Casa da Cultura (Rúa Vicente Fraguela, s/n, Corcubión) haberá un obradoiro de participación cidadá das Directrices da Paisaxe de Galicia, para a comarca paisaxística de Costa da Morte.
As persoas interesadas en asistir deben comunicar o seu interese escribindo un correo electrónico a: atlaspaisaxe.iet@gmail.com
Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 981.910.206 e 608.201.251.