Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


TARXETA BENVIDA

18-03-2016

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia convoca a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016.

A contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.  No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase dende o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.

Requisitos: 

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. 
  • Fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
  • Que a renda da unidade familiar do ano 2014 non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 €.

Prazo de presentación: Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedementos BS403B ou ben a través da Educadora Familiar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra.

Información: no DOG do 30 de decembro do 2015 ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: