ACTIVIDADES SEMANA SANTA
18-03-2016
Hoxe, venres 18 de marzo, comeza a Semana Santa de Fisterra coa procesión da nosa Señora das Dolores.
Ás 19:00 horas na igrexa parroquial terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación farase a procesión que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Negreira".
Na seguinte descarga pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.
Ven a Fisterra e disfruta de todo esto e moito máis!!!