Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ANDAINAS 2016

04-04-2016

O vindeiro 16 de abril arranca unha nova edición de Andainas pola Costa da Morte.

ANDAINAS:

  • 16 de abril: Camariñas
  • 30 de abril: Cee
  • 7 de maio: Muxía
  • 14 de maio: Corcubión
  • 17 de maio: Dumbría
  • 21 de maio: Fisterra
  • 4 de xuño: Vimianzo
  • 11 de xuño: Mazaricos
  • 18 de xuño: Ponteceso

DISTANCIAS E HORARIOS:

-As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15Km.

-A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno

-As andainas comezarán ás 10:00 am. e rematarán entre as 13:00 e as 15:00 pm. dependendo do traxecto.

INSCRICIÓNS:

-Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.

-Poderán participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización

-O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.

BUSES:

-Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida da ruta.

Máis información no departamento de deportes do Concello de Fisterra ou no tlf:981740001

Compartir:

Novas por anos: