Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


II FEIRA NA RÚA

08-04-2016

O Concello de Fisterra está a organizar, para os vindeiros 30 de abril e 1 de Maio diferentes actividades coa denominación II FEIRA NA RÚA.
Non só pretende fomentar a mostra e a venda da artesanía galega e propiamente fisterrá, senón tamén facer da rúa un espazo aberto á Cultura polo que para eses días contaremos con varias actividades. A día de hoxe son preto de 30 artesáns os anotados para participar no evento. Complementos, bolillo, coiro, roupa tradicional, pintura, alimentación, entre outras, estarán presentes esa fin de semana.

A programación prevista para celebrar a II Feira na Rúa é a seguinte:

-Sábado, 30 de abril:

  • 12:00h.-Inauguración co grupo "BRASAS" e as pandereteiras "A CRUS DE BAIXAR", acompañados cos "CABEZUDOS" de Fisterra.
  • 17:00h.-Pandereteiras "MILLO VERDE" da U.P. de Corcubión
  • 18:30h.-"TROULA ANIMACIÓN", "HAKUNA MATATA"
  • 20:00h.-MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO"
  • 22:00h.-"QUEIMADA" a cargo de Roberto Traba.

-Domingo, 1 de maio:

  • 13:00h.-Grupo "PETAFORTE"
  • 17:00h.-Pandereteiras "A CRUS DE BAIXAR" de Fisterra
  • 17:00-19:00h.-Xogos populares infantís e adultos. "AGXPT"
  • 18:30h.-"OS MONIFANTES"
  • 20:00h.-"QUEIMADA", a cargo de RoBerto Traba

Descargas

Compartir:

Novas por anos: