SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS E EDIFICIOS
08-04-2016

De conformidade coa Orde do 22 de decembro de 2015 (DOG nº 246 de 28/12/15), ábrese o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios no ámbito ou área de rehabilitación integral (ARI) dos camiños de Santiago, na que se atopa o Concello de Fisterra.
É por iso polo que o próximo Martes, 19 de abril ás 17:00 horas no salón de sesións do Concello de Fisterra haberá unha charla impartida por unha arquitecta de Xestión do Solo de Galicia-Xestur S.A., que solventará as dúbidas que poidan xurdir a todos os veciños e veciñas das catro parroquias do Concello.