ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
29-04-2016
Arranca o proceso participativo, aberto a calquera persoa, asociación, entidade ou institución ubicada nos concellos que conforman o territorio do GDR, coa celebración do Primeiro Foro de Desenvolvemento Rural Costa da Morte 2014-2020, que será o venres 6 de maio ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Baio, no concello de Zas. O Primeiro Foro pretenderá realizar unha reflexión diagnóstica sobre a situación actual e retos do territorio, de cara a establecer as súas prioridades para o novo período de fondos do Leader.
O GDR aposta por integrar a opinión dos axentes, entidades sociais e institucións do territorio á hora de definir o futuro desta zona. Para isto, deseñouse un proceso de participación que se vai a desenvolver ao longo do mes de maio e xuño, do cal te iremos informando.Contémplase a realización de varios Foros e Mesas Sectoriais.
Para facer chegar algunha opinión ou suxestión sobre o proceso de elaboración da Estratexia de Desenvolvemento local para o novo programa Leader 2014-2020, poden facelo a través das seguintes opcións:
-Un correo electrónico ao enderezo do GDR: gdrcostadamorte@gdrcostadmorte.com
-Entrar na web: http://www.gdrcostadamorte.com
-No tlf.:981717358
Asi mesmo para facilitar ás entidades ou asociacións que queiran facerse socios do GDR poden descargar os formularios adxuntos a esta nova:
- Solicitude de ingreso no GDR
- Ficha de socio
- Certificado acordo representante
- Autorización pago cotas
Unha vez cubertos poden envíalos a:
-Asociación Costa da Morte GDR, Edificio de Servizos Múltiples – Rúa A Torre s/n, 15129 Vimianzo
-Ao correo electrónico: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com