¿TES A TÚA MASCOTA REXISTRADA?
04-05-2016
A partir do luns, 9 de maio, o Concello de Fisterra iniciará unha campaña para comprobar se as mascotas d@s veciñ@s do noso municipio están debidamente rexistradas e cumpren cos requisitos da Ordenanza reguladora de animais domésticos e animais salvaxes en cautividade
Para incluir o animal no censo municipal o que fai referencia dita ordenanza, poden achegarse as oficinas municipais e aportar a seguinte documentación:
- Especie, raza, idade, e se é o caso, nome do animal.
- Nome, apelidos, domicilio e DNI do dono
- Data de expedición e nº de tarxeta sanitaria
Para os efectos desta ordenanza, enténdense por:
a) Animais domésticos os que se crían, reproducen e conviven co home e que non son susceptibles de ocupación.
b) Animais salvaxes en cautividade os que sendo libres pola súa condición foron obxecto de apresamento no seu medio natural e mantéñense nunha situación absoluta e permanente de dominación polo home.