DÍA DAS LETRAS GALEGAS
10-05-2016

O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas 2016:
-Do 10 ó 31 de maio: Exposición "Obra e vida de Manuel María". Nas instalacións da Aula CeMIT de luns a xoves de 10:00 a 13:30h e de 16:30 a 20:00h. Os venres de 9:00 a 14:30h
-Sábado, 14 de maio: Excursión á casa-museo de Manuel María en Outeiro de Rei e visita á cidade de Lugo
-Martes, 17 de maio: Títeres Alakrán "Os soños na gaiola". Ás 7 da tarde no salón de actos do Concello de Fisterra. Público familiar