Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ANDAINA: "FISTERRA DENDE O AIRE"

19-05-2016

O sábado, 21 de maio, o Concello de Fisterra organiza a andaina: "Fisterra dende o aire" que fará disfrutar a tódolos participantes dunhas vistas sorprendentes.

Lugar de saída: Entrada de Sardiñeiro

Hora de presentación no lugar de saída: 09:45 horas 

Hora de saída: 10:00 horas

Ruta lineal: 11,5 Km

O tempo previsto para completar o percorrido é o redor de 3 horas.

Hora de chegada a San Roque (Langosteira): Aproximadamente ás 13:15 horas

Os buses chegarán ás 09:45 a entrada de Sardiñeiro para deixar os sendeiristas e voltarán a San Roque (Langosteira) para aparcar e esperar alí ao remate da andaina.

Nota: Os sendeiristas de Fisterra que desexen poden coller o bus as 09:30h na Estación de Autobuses de Fisterra

Descargas

Compartir:

Novas por anos: