MARÍA DO CEO: "De Portugal a Galicia Fado"
27-05-2016

O domingo 5 de xuño ás 8 da tarde no salón de actos do Concello de Fisterra, a artista portuguesa María do Ceo, presentará o seu novo traballo discográfico "De Portugal a Galicia Fado".
A presentación estará composta por unha charla coloquio sobre a cultura galego-portuguesa e ó rematar a artista cantará algún dos seus temas do novo disco.