CONSUMO RESPONSABLE E COMERCIO XUSTO
31-05-2016
O vindeiro luns, día 6 de xuño ás 10:30 terá lugar na aula CeMIT de Fisterra a última charla do ciclo de videoconferencias a cargo da Escola Galega de Consumo que ten por título:
Consumo responsable e comercio xusto
Contidos: Cando imos a unha tenda para comprar roupa e calzado, por exemplo, debemos ser conscientes de que esta chegou ata alí despois de múltiples procesos de produción que teñen unhas implicacións ambientais e sociais.
A gran cantidade de roupa que se produce leva unha explotación dos recursos naturais ou sen ter en conta, en moitos casos, as condicións laborais e sociais dos traballadores. Neste sentido, as empresas produtoras deron comezo a elaborar códigos de conduta, que recollen os compromisos éticos e sociais da produción, e memorias sociais ou de sustentabilidade, nas que explican o seu comportamento social e ambiental. Desta maneira, o consumidor ten ao seu alcance datos para poder discriminar entre as diversas marcas do mercado.
Por outra parte, o comercio xusto é unha forma alternativa de comercio que promove unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores na que a produción e o comercio están ao servizo das persoas. Ademais dos criterios económicos, ten en conta valores éticos que abarcan aspectos laborais, sociais e ambientais, mostrando que outro comercio é posible.
Máis información e inscricións: Aula CeMIT Fisterra ou no tlf.:673081740