I DESAFÍO ENTRE FAROS: SALOU-FISTERRA 2016
03-06-2016
O I Desafío entre faros Salou-Fisterra 2016 está organizado polo motor club Salou en colaboración co Ajuntament de Salou e o Concello de Fisterra .
Este primeiro desafío pretende unir por estrada e en moto o Faro de Salou e o Faro de Fisterra no día máis longo do ano, o 24 de xuño.
Por iso, todos os participantes partirán do Faro de Salou ás 06:23 horas coincidindo coa saída do sol para intentar chegar ao Faro de Fisterra antes da posta do sol.
Este evento leva consigo a organización da “Operación Quilo”, que consiste en que cada participante neste desafío en moto leve un quilo de comida non perecedoira que será donada a Cáritas Fisterra.
PROGRAMA / TIMING EVENT
23 de xuño:
- 18:00h: Presentación do evento no TAS de Salou (Teatre Auditori de Salou), con presenza institucional e medios de comunicación. Serán entregadas as acreditacións.
24 de xuño:
- 06:00h: Quedada no Faro de Salou.
- 06:23h: Á saída do sol comezará a ruta dirección ó faro de Fisterra
- 20:00h: Chegada dos primeiros participantes ao faro de Fisterra.
- 21:00h: Acto de benvida nunh das salas interiores do faro de Fisterra.
- 21:30h: Foto familiar
25 de xuño:
- 12:00h: Peche da actividade no porto de Fisterra.